Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL RETOMARÁ O LUNS O HORARIO DE VERÁN E REACTIVARÁ OS SERVIZOS DE INFORMÁTICA E INTERNET
As usuarias e usuarios das instalacións deben cumprir todas as medidas sanitarias e de seguridade e atender as indicacións do persoal
Narón, 27 de maio de 2020. A Biblioteca municipal de Narón retomará o seu horario de verán o vindeiro luns, 1 de xuño. Aos servizos actualmente operativos de préstamo e devolucións sumaranse a partir da vindeira semana os de informática e internet. Para o uso destes servizos, dende a Biblioteca municipal establecéronse unha serie de obrigas e recomendacións, co fin de cumprir as indicacións pertinentes en materia sanitaria e de seguridade. Os usuarios e usuarias deberán desinfectar as mans (ou luvas no caso de levalas postas) antes de entrar na sala, dispoñendo de solución hidroalcohólica para facelo na entrada das instalacións. Así mesmo, deberán entrar, desprazarse e saír da sala con cubrebocas, podendo retíralo unha vez que estea sentado/a no equipo que lle asignará o persoal. Gardar a distancia de seguridade de dous metros de separación, solicitar materiais ao persoal da Biblioteca e non levar máis que o indispensable ao entrar (ir sen bolsas da compra, xoguetes, paraugas…) forman tamén parte desas obrigas para poder acceder ás instalacións. Os equipos deben solicitarse no mostrador central, donde o persoal da Biblioteca entregará unha tarxeta co número do que se lles asigne e debendo colocar esa tarxeta nun lugar visible mentres se estea utilizando e devolvéndoa no mostrador central unha vez que rematen a sesión. Unha das medidas excepcionais que se tomaron ante esta situación é que non haberá límite de tempo para utilizar os ordenadores. A sala de adultos permanecerá aberta de martes a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas e os luns e mércores de 18.00 a 21.00 e a infantil e Bebeteca abrirá polas mañás, de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 e os luns e mércores de 18.00 a 21.00. As usuarias e usuarios das instalacións deberán ter en conta que tanto a atención ao público como a sala de informática rematarán 15 minutos antes da hora establecida para o peche. O servizo de devolucións continúa tamén operativo fóra do horario de apertura, a través do buzón ubicado na porta principal da sala de adultos/as. Dende as instalacións incidiuse en que con todas as publicacións se respecta unha corentena de 14 días, podendo deixalos unha vez na casa durante 72 horas máis sen tocar para incrementar as medidas de seguridade contra a Covid-19 tal e como indica a OMS. Así mesmo, a Axencia de Lectura da Gándara recupera tamén o horario de verán e o servizo de informática. Ás citadas instalacións poderase acceder os luns de 10.30 a 13.30; os martes e os xoves entre as 18.00 e as 21.00 horas, respectando tamén todas as medidas sanitarias de prevención fronte á Covid-19 e as indicacións do persoal.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal