Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECE A POSIBILIDADE DE CANXEAR OU ACUMULAR PARA O VINDEIRO CURSO AS "PEGADAS" OBTIDAS NOS CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS
As persoas que desexen canxear os seus vales teñen que validalos co equipo de Educación Viaria de Narón antes do 16 de xullo
Narón, 2 de xuño de 2020. Os máis dun milleiro de rapazas e rapaces que participaron no curso 2019/2020 no programa municipal Camiños Escolares Seguros terán este ano a posibilidade de acumular as “Pegadas” obtidas para o vindeiro curso, unha medida de carácter extraordinario que se adoptou atendendo á actual situación derivada da Covid-19. Ao remate de cada curso escolar os participantes debían canxear obrigatoriamente as “Pegadas” antes do día 16 de xullo, unha opción que se flexibiliza este ano cunha nova posibilidade pero manténdose esa data para aquelas persoas que queiran obter os agasallos cos puntos conseguidos este curso por ir camiñando, en bicicleta ou en patinete ao centro escolar. No caso de que o alumnado desexe canxear os puntos debe descargar o seu vale na páxina pegadas.naron.es ou na APP Pegadas Narón e validalo posteriormente co equipo de Educación Viaria do Concello. Ao estar restrinxido o acceso ao Concello ás persoas con cita previa e para facilitar a tramitación, acordouse que será preciso contactar cos axentes do equipo de Educación Viaria de Narón, chamando aos teléfonos 666 438 222 ou 600 448 730 ou escribindo ao correo electrónico: seguridadevial@naron.es para cuñar o vale dos puntos obtidos. Os responsables do equipo poranse en contacto coas persoas interesadas en canxear os puntos para indicarlles o día no que poderán realizar o trámite no Consistorio. O procedemento completo deste programa, así como o catálogo de agasallos, pode consultarse a través tanto da páxina web como da aplicación do citado programa. Uns oitenta establecementos da localidade participan neste programa municipal, ofrecendo máis de oitocentos agasallos aos escolares que se poden obter en función das “Pegadas” obtidas durante o curso.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal