Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REXISTRARÁ POR VÍA TELEFÓNICA AS SOLICITUDES PARA FACER LUMIEIRAS A NOITE DE SAN XOÁN EN ESPAZOS PRIVADOS
As comunicacións tramitaranse a partir do vindeiro luns, día 15, e dende o Concello incidiuse na necesidade de extremar as medidas de seguridade e cumprir a normativa en vigor
Narón, 13 de xuño de 2020. O Concello de Narón tramitará a partir do vindeiro luns, día 15, e por vía telefónica, as solicitudes para realizar fogueiras na noite de San Xoán en espazos privados do termo municipal. A alcaldesa, Marián Ferreiro, incidiu en que queda prohibida a realización de lumieiras en espazos públicos e que a afluencia máxima de persoas será dun total de 25. Para tramitar os permisos é preciso chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 1206) e comunicar o nome e apelido do solicitante, así como o seu número de DNI, como persoa responsable da fogueira, e tamén indicar a dirección de residencia e a ubicación na que se levará a cabo a lumieira. Ferreiro avanzou ademais que non se poderán realizar fogueiras en establecementos con licencia de explotación con fins económicos, como por exemplo en recintos de establecementos de hostalería. As persoas que realicen as fogueiras deberán cumprir todas as indicacións establecidas para este tipo de actividades, mantendo a distancia de seguridade de alonxarse 50 metros de vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos, e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas. Así mesmo, as luminarias non poderán superar os cinco metros de altura e tres de diámetro; non se poden queimar residuos perigosos ou tóxicos; haberá que contar cun sistema de extinción axeitado e vixiala permanentemente ata a total extinción. No caso de que se rexistren rachas de vento será obrigatorio apagalas e ante posibles incidencias débese chamar aos números de teléfono 080 ou 112. “É imprescindible extremar todas as precaucións porque a pandemia da Covid-19 segue presente e non podemos relaxar o cumprimento da normativa e das recomendacións das autoridades sanitarias, sendo imprescindible priorizar en todo momento a seguridade das persoas”, recalcou Ferreiro.
Descarga de archivos
Bando municipal
Tamaño:56,56 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal