Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COMEZOU A APLICAR O PROTOCOLO DE REAPERTURA DOS CENTROS CÍVICOS SOCIAIS MUNICIPAIS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que tras visiar as instalacións, ofrécese información, cartelería e material para cumprir as recomendacións sanitarias nas instalacións
Narón, 15 de xuño de 2020. O Concello de Narón comezou a implantar os protocolos elaborados para proceder á reapertura dos Centros Cívicos Sociais e entidades veciñais da cidade. Así o avanzou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que explicou que “hoxe mesmo quedan abertos os ambigús da AVV Virxe de Fátima, en Freixeiro, e o do Alto, despois de comunicarnos a súa intención de proceder a reabrir as instalacións”. “Tras contactar con eles realízase unha primeira visita ás instalacións explicando o procedemento que se debe seguir, incluído nese protocolo, e no caso dos ambigús estase realizando unha segunda visita para explicarlles como deben distribuir as mesas e cadeiras, entregarlles cartelería coas medidas a cumprir no interior do local e unha caixa con xel hidroalcohólico, guantes e mascarillas”, explicou a alcaldesa. Unha das indicacións que, a maiores de todas as recomendacións sanitarias se lles ofrece aos responsables dos locais é que apliquen tamén as indicacións en actividades a desenvolver como os xogos de cartas, moi habituais neste tipo de instalacións. “Deben utilizar unha baralla especial, realizada con material plástico que hai que desinfectar convintemente despois de cada uso”, indicou a rexedora local. No caso de que non se trate dese tipo de cartas e non se poidan desinfectar “teñen que gardar obrigatoriamente a corentena para evitar posibles contaxios”. Entre as recomendacións para os xogadores e xogadoras, neste caso tamén é obrigatorio o uso de mascarilla, manter a distancia de seguridade e hixienizar as mans. A alcaldesa apuntou ademais que “a maiores de ofrecer información e material, dende o Concello tamén recollemos e atendemos calquera tipo de cuestión que nos plantexan tanto dende os Centros Cívicos Sociais como dende as asociacións, relacionados cunha apertura segura das instalacións ante esta situación de crise sanitaria”. O Speis dispón tamén dun protocolo específico para as oficinas, xa que neste caso “é preciso realizar un rexistro coas persoas que acuden ás mesmas, co fin de controlar a afluencia de persoal en cada xornada e dispor desa información que sería necesaria, por exemplo, ante un posible contaxio da Covid-19 para ter identificada á xente que estivese en contacto con algunha persoa portadora do virus”. “En Narón continuamos desenvolvendo programas de desescalada específicos para as instalacións municipais, tras elaborar os pertinentes manuais e protocolos para as mesmas e incidindo especialmente na importancia de cumprir cada unha das indicacións para garantir a nosa propia seguridade e a dos demais”, subliñou a alcaldesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal