Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, explicou que esta acción formativa se dirixe a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón
Narón, 30 de xuño de 2020. O Concello abrirá mañá mércores o prazo de inscrición nun curso de Prevención de Riscos Laborais (nivel básico). Esta acción formativa, tal e como indicou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida, diríxese a un máximo de 16 persoas, que deben ser maiores de 18 anos, estar desempregadas, empadroadas en Narón e non ter concedido outro curso do Programa Municipal de Formación que coincida nas datas. As inscricións poderán presentarse dende mañá ás 8.30 horas ata o día 8 de xullo ás 13.00 horas e, como medida excepcional, entregaranse no primeiro andar do Concello (entrada pola Praza de Galicia), a través da Sede Electrónica -donde poden descargarse as inscricións- ou dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O curso terá unha duración total de 72 horas (60 de Prevención de Riscos Laborais e as 12 restantes de módulos adicionais) que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e que inclúen visitas didácticas a empresas da comarca. As datas previstas para esta acción formativa son do 15 de xullo ao 7 de agosto e o horario das clases de 15.30 a 19.30, de luns a venres, podendo variar nalgunha das xornadas este horario debido á realización de visitas didácticas, charlas ou módulos adicionais. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo; Riscos xerais e a súa prevención; Riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa; Elementos básicos de xestión da prevención de riscos laborais; Primeiros auxilios e Sensibilización medioambiental e perspectiva de xénero e tres charlas relacionadas coa empregabilidade no sector naval, a implementación das medidas de prevención e a revisión dos EPIs e o seu mantemento son os contidos que se abordarán nesta acción formativa, que inclúe a maiores tres visitas didácticas. Hermida subliñou que para asistir aos cursos é obrigatorio o uso de mascarillas e o cumprimento de todas as medidas de hixiene e sanitarias decretadas para a prevención da Covid-19.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal