Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "NARÓN EN TRANSICIÓN" ORGANIZA O OBRADOIRO "CHEF SOLAR E ALIMENTACIÓN SAUDABLE" EN XUVIA
A proposta, dirixida a todo tipo de públicos, desenvolverase entre as 11.00 e as 14.00 horas, tal e como indicou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 6 de xullo de 2020. O programa municipal “Narón en Transición” organiza unha nova actividade para o vindeiro sábado, día 11, que consistirá no obradoiro “Chef solar e alimentación saudable”, tal e como avanzou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego. A proposta terá lugar no paseo marítimo de Xuvia, entre as 11.00 e as 14.00 horas, e diríxese a todo tipo de públicos. “Esta actividade, dirixida a persoas de todas as idades, terá continuidade este mesmo mes de xullo e en setembro noutros espazos públicos da cidade”, asegurou o edil. Os asistentes terán a oportunidade de participar en obradoiros de cociña solar, construción de cociñas e fornos solares, de móbiles e vehículos solares, alimentación saudable…guiados en todo momento por un equipo de profesionais nestas materias. “Trátase dun completo circuíto de experiencias lúdicas e, ao tempo, formativas, a través do que se aprenderán conceptos moi vencellados á ecoloxía, ao coidado e respecto do medio ambiente e tamén a coñecer a importancia dunha alimentación saudable”, explicou Galego. Esta mesma experiencia repetirase, se as condicións meteorolóxicas o permiten, o 18 de xullo nas inmediacións do local social da Solaina, o 19 de setembro na Praza da Gándara e o 26 de setembro na Praza de Galicia, tal e como avanzou o edil de Medio Ambiente. “As actividades desenvolveranse en todo momento cumprindo as medidas sanitarias establecidas en materia de prevención do coronavirus, sendo obrigatorio o uso de máscara e manter as distancias de seguridade”. Galego animou á veciñanza de Narón a desprazarse o vindeiro sábado ao paseo de Xuvia para gozar e aprender nos obradoiros que se celebrarán no marco do programa “Narón en Transición”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal