Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACION ALCER INFORMA NO CONCELLO SOBRE A DOAZÓN DE ÓRGANOS
Hoxe celébrase o Día do doador/a de órganos
Narón, 3 de Xuño de 2009.- A Asociación para a Loita contra as Enfermedades do Ril (ALCER) instalou hoxe no baixo do Concello (frente á Praza de Galicia) unha mesa informativa, con motivo da celebración do Día do Doador/a de Organos. Numerosas persoas pasaron dende as 10:00 ata as 13:00 horas por este punto de información, no que se tratou de sensibilizar á poboación na doazón de órganos e tecidos. Alcer incidíu na medición da tensión arterial como xeito de control da saúde, a través da colaboración de estudiantes da Escola de Enfermería e Podoloxía da Universidade de A Coruña. Un grupo de funcionarios do Concello de Narón visitaron hoxe esta mesa informativa, e fixéronse doantes de órganos, pasando así a formar parte dese case 4% da poboación galega que xa é portadora do carnet de doador/a de órganos. A Concelleira de Sanidade, Maria del Carmen Espada, tamén fíxose no día de onte doante de órganos. A Asociación ALCER lembra que os trasplantes de órganos salvan vias e melloran a calidade de vida dos beneficiarios, ademáis de permitirlles unha vida independente das máquinas de diálise.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es