Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACTUALIZA A LISTAXE DE SOLICITUDES APROBADAS, DENEGADAS E SUBSANABLES DO PROGRAMA "NARÓN IMPULSA"
As persoas que solicitaron as subvencións poderán subsanar a documentación, no caso de ser preciso, do 13 ao 24 de xullo, incluídos
Narón, 10 de xullo de 2020. O Concello actualizou a listaxe de solicitudes aprobadas, denegadas e subsanables do programa municipal “Narón impulsa”, dotado con tres millóns de euros e dirixido a empresarias e empresarios da cidade. Con motivo desta actualización, tal e como se indicou, establecerase un novo prazo con instrucións aclaratorias sobre a documentación a subsanar, de ser o caso, debendo facelo dende o vindeiro luns, día 13, ata o 24 de xullo, ambos incluídos. As listaxes actualizadas poden consultarse a través da Sede Electrónica do Concello, a través do enlace: https://sedeelectronica.naron.es/siac/Tablon_ver_doc.aspx?id=2084 e tamén na web do Concello: www.naron.es, para que as persoas solicitantes propostas como beneficiarias ou que non achegaron a totalidade da documentación esixida nas bases (incluídas nos Anexos I e III) presenten alegacións no caso de consideralo oportuno ou enmenden a súa solicitude e presenten a documentación requerida (solicitude xenérica indicando o número de expediente). A tramitación para subsanar estes casos pode realizarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica ou de calquera dos medios admitidos en dereito conforme a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ao tratarse dunha solicitude. As persoas que desexen contactar con departamento de Tesourería para solventar algunha dúbida poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1408 e 1406) e para outra documentación, co Servizo Sociocomunitario, no mesmo teléfono e nas extensións 1123, 1110 e 1114. Estas subvencións creáronse para minimizar o impacto económico da Covid-19 no sector, e son de 2.000 euros para persoas físicas ou xurídicas sen persoal por conta allea ao seu cargo ou con ata dous traballadores/as a 1 de marzo deste ano; de 3.000 para persoas físicas e xurídicas con entre 3 e 9 traballadores/as tamén a 1 de marzo e, por último, de 4.000 euros para o mesmo colectivo pero cun cadro de persoal de entre 10 e 49 empregados/as a 1 de marzo deste ano. Aquelas persoas que reciban as subvencións do programa “Narón impulsa” deberán presentar no mes de xaneiro do vindeiro ano documentación xustificativa de que cumpriron as obrigas establecidas nas bases desta convocatoria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal