Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO INFANTIL "FÍOS DO QUERER"
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou que a cita, recomendada para menores de 0 a 6 anos, será o día 22 de xullo
Narón, 17 de xullo de 2020. O Concello convoca unha nova actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística, do programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. A cita será o vindeiro mércores, día 22, nas instalacións do Pazo da Cultura –se as condicións meteorolóxicas o permiten, no exterior- e consistirá nun espectáculo de Cé Orquestra Pantasma: “Fíos do querer”. Ás 19.00 horas poderase ver este espectáculo, recomendado para menores de 0 a 6 anos e as súas familias e cun aforo limitado a 25 nenas e nenos que terán que estar acompañados por unha persoa adulta, tal e como recordou a edil de Ensino, Mercedes Taibo. As persoas que desexen inscribirse poden facelo por correo electrónico, facilitando na dirección: a.pita@naron.es os seguintes datos: nome da actividade, nome e idade da nena ou neno, nome do nai, pai ou persoa acompañante, enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e será obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas e menores a partir de 6 anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal