Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADQUIRE UN VEHÍCULO TODOTERREO PARA REFORZAR O LABOR DA SECCIÓN DE OBRAS E MEDIO AMBIENTE DA POLICÍA LOCAL
Marián Ferreiro asegurou que o novo vehículo ofrece máis prestacións que o que actualmente se utiliza no citado departamento e valorou o feito de que permitirá reforzar o seu traballo
Narón, 17 de xullo de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, participaron esta mañá xunto co xefe da Policía Local, Eduardo Pita, no acto de recepción dun novo vehículo para a sección de Obras e Medio Ambiente da Policía Local de Narón. O modelo adquirido polo Concello, un Toyota Land Cruiser, sumarase a outro vehículo que utilizaba o persoal do servizo, un Nissan Qashqai. “O vehículo co que estamos traballando actualmente esta en bo estado pero ao dispoñer dun máis poderemos reforzar o traballo que realizamos dende a Policía Local na área de Medio ambiente”, asegurou a alcaldesa, Marián Ferreiro. Así mesmo, as prestacións do Land Cruiser 4x4 “farán posible poder acceder a camiños dificultosos ou a zonas de monte ás que ata agora había que chegar coa axuda dun vehículo con similares prestacións do Speis de Narón para poder realizar os pertinentes informes”, tal e como explicou a rexedora local. “Dende o Concello de Narón continuaremos reforzando na medida do posible servizos como os que realizan os axentes da Policía Local, poñendo á súa disposición os recursos necesarios dentro das posibilidades da administración local para velar polo cumprimento da normativa en vigor e sancionar conductas e accións que incumpran esa normativa”, incidiu a alcaldesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal