Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ESTABLECE UN PROTOCOLO PREVENTIVO DA COVID-19 PARA ASISTIR MAÑÁ Á CELEBRACIÓN DA "NOITE NO MOSTEIRO"
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, solicitou a colaboración cidadá para que o evento se poida desenvolver coas máximas garantías
Narón, 17 de xullo de 2020. O Concello dispón dun protocolo específico con motivo da celebración, mañá, dunha nova edición de “Noite no mosteiro”, no cenobio de San Martiño de Xuvia, no Couto. Esta mesma semana anunciouse un Plan Especial de Tráfico que entrará en vigor durante o desenvolvemento deste evento e, a maiores, establecéronse unha serie de medidas encamiñadas a garantir a seguridade dos asistentes en canto á prevención da Covid-19, tal e como indicou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida. En canto ao aforo, estableceuse un control que implica a limitación do mesmo tanto no perímetro xeral do evento como nos patios exterior e interior do mosteiro e na parcela tamén posterior, co fin de evitar aglomeracións de persoas. Todos os asistentes deberán levar posta máscara en todos os puntos do evento, dun xeito permanente e seguir as indicacións que se ofrecerán para a circulación peatonal, que será de sentido único (sempre pola dereita do peatón). Así mesmo, dende a organización disporase dunha estación de xel hidroalcohólico para a limprza de mans, que será tamén obrigatoria, ao igual que o mantemento da distancia de seguridade. O exterior do mosteiro iluminarase de xeito artístico, en varias cores, e tamén terá lugar un concerto de música clásica, do grupo “The Duelist”, de violín e chelo, entre as 22.30 e as 01.00 horas (abríndose o acceso á zona as 22.00 horas). Haberá tres pases musicais, dunha duración aproximada de vinte minutos, e despois de rematar cada un deles será preciso que o público abandone a zona, para que poidan pasar os que verán o seguinte pase. Hermida explicou que haberá cadeiras nunha zona do público reservadas para persoas maiores ou con problemas de mobilidade. En canto aos vehículos, poderase estacionar na zona verde ubicada xunto ao mosteiro, nas inmediacións do local social da Picota, tamén no Couto, e habilitaranse prazas de estacionamento en liña na rúa Soria e no Camiño do Cenzo, próximas ao cenobio e que pasarán a ter un sentido único de circulación –de baixada- durante o evento. O sentido de circulación manterase nos dous sentidos no Camiño do Muíño, mentras que terá un único na Rúa Soria e no Camiño do Cenzo, debidamente indicado. Persoal da agrupación de voluntarios de Protección Civil orientará aos condutores que circulen pola zona, que poderán circular dende a avenida Souto Vizoso ata o mosteiro e a subida realizarase dende o local social da Picota cara á avenida Souto Vizoso. A concelleira de Turismo solicitou a “máxima colaboración cidadá con todas as medidas establecidas de prevención da Covid-19 tanto para o público como para a circulación rodada pola zona”. Hermida incidiu na importancia de que “todas e todos os asistentes colaboren coa organización atendendo ás indicacións que se dean para o correcto desenvolvemento deste evento e poder gozar un ano máis desta convocatoria”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal