Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PROGRAMA "CINE DE VERÁN" REMATA ESTA SEMANA COA PROXECCIÓN DAS PELÍCULAS "PINOCHO 3000" E "DONKEY XOTE"
As sesións terán lugar mañá no Centro Cívico Social do Val e o venres na pista polideportiva de San Mateo
Narón, 22 de xullo de 2020. As parroquias do Val e San Mateo acollerán mañá xoves e o venres, respectivamente, as dúas últimas proxeccións do programa “Cine de Verán”. A primeira cita será mañá, no Centro Cívico Social do Val, donde se poderá ver a película “Pinocho 3000”, ambientada no ano 3000 e protagonizada por un neno robot do futuro, Pinocho, que aspira a convertirse en humán e que vivirá numerosas aventuras acompañado sempre polo seu mellor amigo, o pingüino Spencer. Na xornada do venres, día 24, o cine trasladarase á parroquia de San Mateo, concretamente á pista polideportiva, donde se proxectará “Donkey Xote”. Neste caso será un burro que quería ser cabalo, chamado Rucio, o que conte a historia de Don Quijote, destacando a súa intelixencia e paixón, do seu compañeiro, Sancho, o home máis rico do seu pobo e tamén do cabalo Rocinante, iniciando unha viaxe na que se revelará a verdadeira identidade de Dulcinea. As proxeccións darán comezo ás 22.30 horas e será obrigatorio o cumprimento das medidas sanitarias. O Padroado da Cultura de Narón e a Deputación da Coruña coorganizaron un ano máis esta convocatoria, que se iniciou o pasado 2 de xullo e rematará este venres. En total, na zona urbana e rural da cidade proxectaranse oito películas no marco deste ciclo de cine.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal