Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PUBLICA AS LISTAXES DEFINITIVAS DE MENORES ADMITIDOS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, avanzou que un total de 112 nenas e nenos de 0 a 3 anos se incorporarán por primeira vez no curso 2020-2021 a algunha das tres Escolas Infantís Municipais
Narón, 22 de xullo de 2020. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou a publicación, hoxe, das listaxes definitivas de menores admitidos nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2020-2021. As persoas que desexen consultar esa listaxe poden facelo a través da páxina web do Concello, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/ ou poden tamén chamar ao Servizo Sociocomunitario Municipal, ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1108, 1109 e 1111). En total, das máis de 250 alumnas e alumnos das tres Escolas Infantís Municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros- 112 menores de 0 a 3 anos incorporaranse por primeira vez ás aulas no curso 2020-2021. No caso dos menores nados en 2018 resultaron admitidos 46, dos que 17 solicitudes son para A Gándara, 16 para Piñeiros e as 13 restantes para A Solaina. Das 36 nenas e nenos nados en 2019 e admitidos para o vindeiro curso un total de 14 irán ao centro da Gándara, 13 ao da Solaina e 9 a Piñeiros e, finalmente, dos nados este ano, de 30 menores, 12 irán para Piñeiros, 10 para A Solaina e os outros 8 para A Gándara, tal e como figura nas respectivas listaxes. Taibo explicou que “a partir do vindeiro mes de agosto o persoal das Escolas Infantís Municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros porase en contacto coas familias para proceder a formalizar a matrícula do vindeiro curso, asignándolles un día e unha data para realizar os trámites pertinentes debido á actual situación sanitaria e co fin de evitar aglomeracións nos centros”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal