Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
"ANTONIO LIZANA TRÍO" E "FANTASÍA COAS PALABRAS" PECHARÁN ESTE DOMINGO O PROGRAMA "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
A última cita do programa, organizado polo Padroado da Cultura, terá lugar na rúa Mariña Española, na Solaina
Narón, 23 de xullo de 2020. O programa municipal “Verde que te quero verde”, impulsado a través do Padroado da Cultura de Narón, rematará esta fin de semana, o domingo 26, cos dous espectáculos programados na rúa Mariña Española, na Solaina. A partir das 12.30 horas dará comezo esta cita musical, que nesta ocasión correrá a cargo de "Antonio Lizana Trío" e "Fantasía coas palabras". "Antonio Lizana Trío" compón, escribe, canta e toca o saxo, amenizando os seus concertos coa tradición flamenca combinada coa vangarda do jazz. Acompañado polos seus músicos formou unha das agrupacións máis recoñecidas a nivel estatal e este domingo as veciñas e veciños que se acheguen á rúa Mariña Española poderán gozar cos seus temas. Actuarán tamén na última cita de “Verde que te quero verde” María Faltrí e Jorge Juncal, cunha serie de composicións para público infantil e familiar, un repertorio resultado dun traballo, “Fantasía coas palabras” no que se festexan cancións cargadas de ritmo e fantasía. A cuarta edición do programa “Verde que te quero verde”, organizado para levar as propostas culturais a espazos públicos da cidade, iniciouse o pasado 5 de xullo. Dende entón, cada domingo deste mes sucedéronse dous espectáculos musicais dirixidos a público familiar.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal