Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA PORÁ MAÑÁ Á VENDA AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DE "LOS SECRETOS"
As entradas para os diferentes espectáculos que se desenvolverán entre setembro e decembro poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 23 de xullo de 2020. O Padroado da Cultura de Narón porá mañá á venda as entradas para o concerto de “Los Secretos”. A cita será o vindeiro 9 de outubro ás 20.30 horas no Pazo da Cultura e as persoas interesadas en adquirir as entradas poden facelo dende mañá no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura de Narón –www.padroadodecultura.es-. O prezo en venda anticipada é de 22 euros para o público xeral e 15,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos), se ben o propio día da actuación o prezo será de 25 e 17,50 euros, respectivamente. “Los Secretos” ofrecerán no Pazo un concerto de algo máis dunha hora de duración, rememorando os seus grandes éxitos dos 80 e 90 e ampliando o seu repertorio, forxado durante unha traxectoria musical de máis de catro décadas. A formación lanzou o seu último disco a finais do ano pasado, despois de oito anos sen presentar un novo traballo. A primeira das citas programadas no Pazo da Cultura trala crise da Covid-19 terá lugar o 18 de setembro, co concerto de “Sés”, ás 20.30 horas. Nesta ocasión, serán dúas horas de música nas que o público poderá escoitar os temas do seu último traballo discográfico, “Liberar as arterias”, no que continúa evolucionando no seu particular estilo e a súa alma cantareira. “Guadi Galego”, “Funamviolistas”, “Carla Green&The Demos”, “Mad Martin Trío”, “Stars of Gospel Choir, con Bridget Bazile e Vincent Balse” e “Siboney” completarán a programación musical que terá lugar no Pazo durante o último cuadrimestre do ano e para a que tamén están xa á venda as entradas. Na páxina web do Padroado da Cultura pódense consultar, a maiores dos espectáculos musicais, os de teatro, danza, monólogos e a programación específica para público infantil que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro no Pazo da Cultura, con entradas tamén á venda.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal