Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PON EN MARCHA UN SERVIZO DE AXUDA PARA SOLICITAR O INGRESO MÍNIMO VITAL IMV
Dúas personas, graduadas en Educación Social, levarán a cabo as tarefas de información, asesoramento e orientación na Casa da Mocidade, na Gándara
Narón, 03 de agosto de 2020. A través da concellería de Benestar Social, dirixida por Catalina García, o Concello pon en marcha dende o día de hoxe ate o día 30 de setembro un servizo de axuda para as veciñas e veciños, empadroados en Narón, que precisen realizar solicitudes para acadar o Ingreso Mínimo Vital IMV. García informou de que haberá duas persoas, con Grado en Educación Social, que levarán a cabo o servizo de información, asesoramento e orientación nos trámites de solicitude para as peticións que así o demanden polas posibles dificultades de manexo nas cuestións telemáticas ou de interpretación que poidan encontrar as persoas interesadas ao cumplimentar as solicitudes pertinentes. O servizo levarase a cabo no edificio municipal da Casa da Mocidade, na Gándara, en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas e os martes de 16.00 a 21.00 horas, con cita previa chamando ao teléfono 622155806 ou a través do correo electrónico naronrentaminimavital@gmail.com

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal