Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MEDIDAS PREVENTIVAS NO PROGRAMA DE ACTUACIÓNS MUSICAIS ´NOITES Á FRESCA´
Os concertos de ´Eladio y los seres queridos´ hoxe venres e ´Faltriqueira´ mañá sábado, comezarán ás 22.00 horas no entorno da magnolia centenaria de Xuvia
Narón, 7 de agosto de 2020. A concelleira de Festas, Natalia Hermida, recordou que a partir desta noite na actuación de “Eladio y los seres queridos” e ata o sábado na actuación de “Faltriqueira”, que darán comezo ás 22.00 h., se 15 minutos antes dos concertos a xente que teña entradas non accedeu ao recinto, se permitirá o paso de persoas interesadas que non poideran sacar as entradas. A organización de Noites á Fresca, comprometida coa seguridade do público asistente e as persoas traballadoras, implantará no evento unha serie de medidas preventivas dirixidas a evitar posibles accidentes e a propagación da COVID19. Para logralo, a colaboración do público é esencial, polo que trasladamos unhas sinxelas normas a respectar para o seu coñecemento: Existe un plan de continxencias e un equipo para a súa implantación no evento. Rogamos que siga as súas instrucións e respecte as sinais existentes no recinto. No caso de manifestar síntomas compatibles coa COVID19 ou mantivera contacto con persoas que sospeiten ou sufran a enfermidade, non poderá acceder ao recinto do evento. Atenda No momento do acceso ao recinto, deberá desfacerse das luvas, no caso de que as porte, e hixienizar as mans co xel que porá a organización a súa disposición. Tanto no exterior como no recinto, o uso da máscara é obrigatorio. Unha vez no recinto, unha persoa responsable indicaralle o asento a ocupar. Unha vez que ocupe o asento asignado, rogámoslle que reduza ao imprescindible a circulación polo recinto. Debe portar ou deixar debaixo do seu asento as súas pertenzas persoais, evitando que as mesmas impidan a normal circulación do resto do público. Ao remate da actuación, deberá utilizar a saída habilitada pola organización, que estará debidamente sinalizada, evitando manterse no recinto máis tempo do imprescindible. Unha vez fora do recinto, rogámoslle que evite as aglomeracións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal