Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR AS AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E COMEDORES ESCOLARES DO CURSO 2020-2021
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que o venres día 14 será o último día para poder solicitar estas axudas
Narón, 11 de agosto de 2020. O Concello pechará este venres, día 14, o prazo de solicitude das axudas convocadas dende o Concello para adquisición de material didáctico e escolar dirixidas a alumnado de centros públicos ou concertados e de comedor para os centros concertados no curso académico que se iniciará no mes de setembro. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello –de luns a venres, de 8.30 a 13.00 horas-, na Sede Electrónica do Concello ou a través de calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, tal e como recordou a edil de Ensino, Mercedes Taibo. O alumnado de centros de ensino públicos e concertados de Narón, matriculado no segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, FP de Ciclos medios, Educación Secundaria de Adultos e Centros de Educación Especial é o destinario as axudas de material didáctico e escolar para familias empadroadas en Narón, cuxos requisitos ao completo se poden consultar a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Material-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf. En canto ás axudas para os comedores escolares, os requisitos pódense consultar no enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Comedor-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf. A estas últimas poden optar as familias de alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria e Secundaria con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral. Para obter máis información, as persoas interesadas en solicitala poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal