Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PROGRAMOU PARA O VINDEIRO MES DE SETEMBRO A PRIMEIRA EDICIÓN DA "FEIRA DO MOTOR DE NARÓN"
As concellerías de Feiras e Promoción Económica, dirixidas por Santiago Galego e David Pita, respectivamente, organizan este evento
Narón, 13 de agosto de 2020. O edil de Promoción Económica, David Pita, presentou esta mañá a primeira edición da "Feira do Motor de Narón", unha convocatoria organizada polo Concello a través da citada concellería e da de Feiras e Mercados, dirixida polo edil Santiago Galego. A cita, tal e como avanzou Pita, desenvolverase os días 5 e 6 de setembro no polígono de Río do Pozo, concretamente na zona da avenida dos Carboeiros, en horario de 10.00 a 20.00 nas dúas xornadas. As persoas que se acheguen á zona poderán ver vehículos de ocasión, quilómetro cero, novos, de segunda man, industriais, motocicletas e tamén autocaravanas. A maiores do de automoción tamén estarán presentes outros sectores, tal e como avanzou Pita, como o textil, saúde, cerimonias, mobiliario, servizos, puericultura e viaxes, entre outros. “A entrada ao recinto será de balde, se ben o aforo será limitado e as tarifas de exposición para reserva tamén serán de balde e con aforo limitado”, indicou o edil naronés. As persoas interesadas en levar os seus expositores a esta Feira do Motor deberán realizar a reserva ata o 21 deste mes, se ben no caso da automoción o número de vehículos a expoñer deberá comunicarse ata o 28 deste mes no mail: produccion@eventi.es. Un dos carrís de cada sentido de circulación da rúa dos Carboeiros estará habilitado para o estacionamiento e exposición de vehículos, quedando os outros dous para a circulación peatonal. A distancia mínima entre vehículos estableceuse en dez metros, ao igual que a dos expositores, para ofrecer as máximas garantías. Así mesmo, tal e como indicou Pita, haberá un servizo con persoal de vixilancia entre as 20.00 e as 10.00 horas, se ben se ofrecerá aos propietarios dos expositores a posibilidade de retirar os vehículos ao remate da primeira xornada para traelos ao día seguinte cumprindo os horarios establecidos. En canto ás medidas preventivas da Covid-19, será obrigatorio o uso de máscara e haberá puntos dispensadores de xel hidroalcohólico, debendo a maiores cumprir as indicacións das autoridades sanitarias, como a distancia de seguridade interpersoal. As persoas interesadas en recibir máis información poden consultala a través da páxina web do Concello: www.naron.es e tamén da web: www.eventi.es/blog. Así mesmo, poden dirixirse á dirección info@eventi.es ou contactar coa Secretaría de organización a través do número de teléfono 607 391 660. “Queremos potenciar este sector na nosa cidade debido aos efectos que no mesmo causou esta pandemia, polo que animamos aos concesionarios da comarca a participar e á cidadanía a que acuda ao evento, respectando en todos os casos as medidas establecidas”, asegurou Pita. O edil naronés amosou a súa confianza en que a convocatoria “resulte un éxito e unha oportunidade para este sector”.
Descarga de archivos
Ficha técnica
Tamaño:117,26 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal