Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ANTIG@S ALUMN@S DA ESCOLA DE TEATRO ESTREAN OBRA NO AUDITORIO
A compañía Carrachanacacha porá en escea a montaxe "Comendo pementos de Padrón con Tarantino"
Narón, 11 de Xuño de 2009.- A Concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, presentou hoxe en rolda de prensa á compañía teatral Carrachanacacha, formada por membros da Asociación teatral “O Aturuxo de Melpómene”, que á súa vez forman parte da 1ª promoción de alumn@s da Escola de Teatro de Narón. A nova compañía estreará a súa primeira montaxe teatral, titulada “Comendo pementos de Padrón con Tarantino”, o vindeiro sábado 13 de xuño, no Auditorio da Praza de Galicia, ás 20 horas. Trátase dunha comedia surrealista de 80 minutos de duración, escrita e dirixida por Leandro Lamas Ermida. O prezo de venta das entradas é de 4 euros. O grupo Carrachanacacha está formado por Leandro Lamas, Gena Hernández, Antonio Estévez e María Veiga. Coa estrea desta obra cúmprese un dos obxectivos principais da asociación O Aturuxo de Melpómene: promover entre os seus socios/as a actividade teatral. Neste sentido, os membros da nova compañía teatral agradeceron ó Padroado de Cultura de Narón o seu apoio incondicional sobre todo nestos primeiros momentos de botar a andar. “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” narra a singular vida de dúas mulleres, nai e filla, cos seus encontros e desencontros na peculiar escalada da filla ate a fama mundial. Para máis información pódense consultar os seguintes enderezos web: www.carrachanacacha.blogspot.com www.oaturuxodemelpomene.blogspot.com

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal