Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE AVANZA NA CIDADE COA ELABORACIÓN DUNHA ENQUISA SOBRE O CONSUMO ENERXÉTICO EN LOCAIS COMERCIAIS
O edil de Servizos, Ibán Santalla, agradeceu de antemán a colaboración dos representantes do sector
Narón, 24 de agosto de 2020. O goberno local continúa traballando na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), unha iniciativa europea que xurdiu no Pacto das Alcaldías e no que participan administracións locais e autonómicas comprometidas na mellora da eficiencia enerxética e o emprego de enerxías renovables para reducir a emisión de dióxido de carbono á atmósfera. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou de que a partir desta semana responsables da empresa encargada do traballo estarán no municipio para realizar unhas enquisas nos establecementos comerciais. O edil incidiu en que “as persoas que realizan esas enquisas terán que amosar a súa identificación, tanto da empresa (Energal) como do Concello, para que os recoñezan nos establecementos, que deberán ter a man unha factura do consumo de enerxía eléctrica para avanzar no inventario que se está realizando sobre as emisións na cidade”. Santalla agradeceu de antemán a colaboración dos representantes do sector "para poder levar a cabo este estudo tan importante a nivel medioambiental e económico". As entidades que forman parte do PACES comprometéronse a reducir nun 40% as emisións de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro á atmósfera para o ano 2030 mediante a aplicación dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible. Así mesmo, elaborarase un inventario de emisións de referencia, no que se está traballando, e continuaranse impulsando políticas encamiñadas a cumprir a totalidade dos obxectivos deste Plan. Trala Declaración de Emerxencia Climática e Ambiental en España, o Concello tamén se suma ao desenvolvemento de liñas de acción para facer fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños. O pasado mes de xuño o Concello solicitou á administración autonómica unha subvención de 10.500 euros para elaborar o PACES, para proceder a redactar un inventario de emisións de referencia de CO2 e analizar os riscos e vulnerabilidades, propoñendo actuacións acordadas con diferentes departamentos. “Dende a área de Servizos levamos varios anos destinando importantes partidas nos orzamentos municipais a renovar a tecnoloxía led en vías e camiños públicos da zona urbana e rural e tamén en edificios municipais, a maiores de impulsar reformas de melloras en eficiencia enerxética como as que se acometerán tanto para a mellora enerxética nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz -proxecto para a rehabilitación da envolvente térmica do centro- como no alumeado público da cidade –preto de medio milleiro de puntos de luz-, orzamentadas en conxunto en 655.358 euros e que se cofinanciarán con cargo a fondos europeos”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal