Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REPARTIU 20.000 MANTEIS INDIVIDUAIS CON DEBUXOS REALIZADOS POR RAPAZAS E RAPACES DE NARÓN ENTRE ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA DA CIDADE
Os participantes na iniciativa que localicen os seus debuxos nos manteis dos establecementos hostaleiros ou nos carteis dos comercios locais recibirán como premio unha gorra similar á dos axentes da Policía Local
Narón, 27 de agosto de 2020. O Concello editou 10.000 manteis individuais máis deseñados con debuxos realizados por nenas e nenos da cidade para entregarlle aos establecementos de hostalería da cidade. A través desta iniciativa, impulsada polas concellerías de Seguridade Cidadá e Promoción Económica, que dirixen os edís Román Romero e David Pita, respectivamente, xa se entregaron aos representantes do sector outros 10.000 manteis individuais que se esgotaron e tamén 150 carteis cos mesmos debuxos que se poden ver nos establecementos comerciais da cidade. Os manteis tiveron unha gran acollida na hostalería local. Realizados en material reciclado, hai un total de dezasete modelos nos que as nenas e nenos que realizaron os debuxos poden localizalos e recibir un premio se así o comunican ao departamento de Educación Viaria de Narón. Enviando unha imaxe co seu debuxo localizado á dirección de correo electrónico seguridadevial@naron.es ou chamando aos números de teléfono 600 448 730 ou 666 438 222, recibirán como agasallo unha gorra semellante ás dos axentes da Policía Local. A iniciativa enmárcase nas actividades promovidas dende o equipo de Educación Viaria a través do Consello de Participación Infantil, que conta con representantes de todos os centros de ensino da cidade. Plantexouse durante o pasado curso escolar e continuou fóra das aulas tras decretarse o estado de alarma, polo que as rapazas e rapaces que participaron entregaron debuxos e mensaxes con recomendacións ou boas prácticas sobre catro materias: educación viaria, medio ambiente, igualdade e coronavirus.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal