Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINA OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN CO PATRONATO CONCEPCIÓN ARENAL E A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL ASCM
Marián Ferreiro asinou os dos convenios, por un importe conxunto de 19.000 euros, e destacou o labor que desenvolven estas dúas entidades
Narón, 2 de setembro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asinou os convenios de colaboración coa Asociación Patronato Concepción Arenal, presidida por Beatriz Dorrio e a Asociación Sociocultural ASCM, con Paula Gárate na presidencia. A contía que o Concello destinará a ambos acordos dende as arcas locais ascende a 19.000 euros, tal e como explicou a rexedora local. En canto ao Patronato Concepción Arenal, Ferreiro indicou que é unha entidade sen ánimo de lucro que leva a cabo numerosos programas e actividades de interese social, de saúde e comunitario. “A traxectoria desta entidade e o tempo que levamos colaborando con ela ofrécenos garantías para poder coorganizar unha serie de actividades na área de Acción Social”, apuntou Ferreiro. Así mesmo a alcaldesa recalcou o labor que dende hai varios anos se desenvolve no Consistorio para traballar con persoas afectadas de diversidade funcional e a atención que se presta ao colectivo a nivel comarcal dende a Asociación Sociocultural ASCM, tamén unha entidade sen ánimo de lucro. “Temos que continuar traballando para avanzar na plena integración das persoas con diversidade funcional, seguir ofrecéndolles os servizos que precisen en áreas como formación, asesoramento, transporte adaptado, lecer….”, asegurou. A alcadesa subliñou que “dende o goberno local continuaremos apoiando, na medida do posible, o traballo que realizan entidades como o Patronato Concepción Arenal e a Asociación Sociocultural ASCM, porque consideramos que é fundamental para moitas veciñas e veciños da cidade e da comarca e, como tal, contará co noso respaldo”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal