Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ DE COR VERDE A GLORIETA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DA SEMANA DA CONCIENCIACIÓN DAS ENFERMIDADES MITOCONDRIAIS
O Concello naronés súmase aos actos da Semana de Concienciación das Enfermidades Mitocondriais, para concienciar e sensibilizar á cidadanía sobre esta patoloxía
Narón, 13 de setembro de 2020. O Concello iluminará esta noite de cor verde a rotonda de Freixeiro para sumarse aos actos da Semana de Concienciación das Enfermidades Mitocondriais, que se desenvolve dende hoxe ata o 19 de setembro. O obxectivo desta iniciativa é concienciar e sensibilizar á cidadanía sobre estas enfermidades, trastornos xenéticos debilitantes que aminoran a enerxía das células do corpo, ao fallar as mitocondrias, o que provoca disfuncións ou, nalgúns casos, fallos de varios órganos. Dende o goberno local incidiuse na importancia de dar visibilidade a este tipo de patoloxías, sumando esforzos tanto cos pacientes como coas súas familias para concienciar sobre esta enfermidade xenética e demandar máis recursos para impulsar investigacións que permitan acadar mellores terapias e tratamentos, ao non existir cura para esta enfermidade. A glorieta de Freixeiro permanecerá iluminada durante toda a madrugada.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es