Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE IMAXES AO "XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A edil de Turismo, Natalia Hermida, recordou que o prazo para presentar as imaxes estará aberto ata o vindeiro 25 de setembro
Narón, 14 de setembro de 2020. O Concello mantén aberto dende hoxe, e ata o vindeiro 25 de setembro, o prazo para presentar imaxes á undécima edición do “Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. As persoas que desexen participar poden consultar as bases ao completo deste certame no enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-XI-Concurso-de-Fotografia-Cidade-de-Naron.pdf. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recordou que se entregarán tres premios, de 750, 300 e 150 euros á primeira, segunda e terceira fotografía, respectivamente, mellor valoradas por un xurado especializado. As imaxes deben presentarse no Rexistro do Concello, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas. As fotografías deben amosar a riqueza de Narón, podendo centrarse en varias áreas a súa temática: humana e social –ámbito veciñal, deportivo, industrial, festas populares…-; espazos naturais de interese, de lecer, culturais e tecnolóxicos ou patrimonio monumental, arqueolóxico e etnográfico. O lugar ou entorno debe ser do concello naronés e recoñecerse como tal na imaxe presentada ao certame, que está aberto á participación de persoas maiores de idade. Como máximo cada participante poderá presentar tres imaxes, en cor ou branco e negro, que deben cumprir todos os requisitos estipulados nas bases desta convocatoria, tal e como apuntou Hermida. O xurado valorará o impacto visual, a calidade técnico artística e a creatividade con ata un máximo de 10 puntos –cada un destes criterios-. As doce imaxes que reciban maior puntuación ilustrarán o calendario de sobremesa que editará o Concello de Narón para o ano 2021. As persoas interesadas en recibir máis información sobre este certame poden dirixirse ao correo electrónico: am.veiga@naron.es ou chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (extensión: 1502).

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es