Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SEGUNDA EDICIÓN DO CURSO DE TELEFONÍA MÓVIL PARA PERSOAS MAIORES
Organizado polo Concello e Vodafone, ten lugar hoxe en O Val e A Gándara
Narón, 16 de Xuño de 2009.- As Concellerías de Novas Tecnoloxías e Persoas Maiores, dirixidas por Paloma González e Mª del Carmen Espada respectivamente, veñen de convocar a segunda edición do Curso de telefonía móvil para maiores, organizado pola Fundación Vodafone baixo o título “Móvil cerca de ti”. Esta nova convocatoria ten lugar hoxe dia 16 de xuño, e está aberta a tódolos veciños e veciñas de Narón, tanto da zona urbana como rural. Trátase de dous cursos que se celebran en dous lugares distintos e con diferente horario: -Fundación Terra de Trasancos ( O Val), turno de mañá, con horario de 10:30 a 13:30 horas. Para inscribirse pódese chamar ó teléfono 981 36 35 56. -Casa da Mocidade (A Gándara), turno de tarde, de 16:30 a 19:30 horas. As inscripcións no teléfono 981 38 72 89. A asistencia a este curso –que dispón de 25 prazas por turno- é libre e gratuita, e unha vez finalizado se entregará un diploma acreditativo, no día de mañá. As persoas inscritas unicamente deberán levar o seu teléfono móvil (en caso de non telo, Vodafone lles prestará un), e gafas de lectura (en caso de precisalas). A Concelleira de Novas Tecnoloxías resaltou o seu compromiso cos veciños “tanto da zona urbana coma do rural, ós que queremos achegar as novas tecnoloxías para que tamén eles poidan beneficiarse destos avances” declarou Paloma González, lembrando que este curso se repite –en marzo fíxose unha primeira convocatoria- “debido ó éxito acadado na edición anterior”. Asimesmo, a Concelleira de Persoas Maiores destacou a utilidade que ten para a terceira idade o uso dos móviles “xa que non hai que esquecer que moitos maiores viven sos ou desprázanse e poden necesitar nun momento determinado o uso do teléfono móvil, polo que resulta imprescindible que sepan cómo empregalo”, finalizou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal