Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITOU EN 45.000 EUROS AS OBRAS DUN NOVO PARQUE INFANTIL NA PARROQUIA DO VAL
Marián Ferreiro avanzou que esta nova zona de lecer se ubicará nas inmediacións do Centro Cívico Social e o colexio da parroquia
Narón, 19 de setembro de 2020. O Concello construirá un novo parque infantil no lugar de Vilacornelle, na parroquia do Val. Así o anunciou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que recordou que as empresas interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro día 29 deste mes –ás 23.59 horas- para presentar as súas ofertas, podendo consultar a información ao completo na Sede Electrónica do Concello, a través do enlace: https://cutt.ly/lfHXoY3. O parque construirase sobre unha parcela de titularidade municipal, nas inmediacións do consultorio do Sergas, o colexio do Val, o local social e a pista polideportiva da citada parroquia, segundo avanzou a rexedora local. En canto ás obras proxectadas, Ferreiro explicou que se habilitará unha zona acotada cunha tirolina e, en canto ao mobiliario a instalar, indicou que constará dun columpio dobre, outro de serpe e unha vagoneta. “Unha vez que se adxudiquen as obras, a empresa disporá dun prazo de dous meses para executar os traballos contemplados neste proxecto, co que se todo avanza segundo as previsións actuais este mesmo ano as veciñas e veciños do Val disporán deste novo espazo de lecer, comprometido para este mandato coa veciñanza da parroquia e que se levará a cabo nos vindeiros meses”, asegurou a alcaldesa. A construción do parque infantil, destacou “permitirá completar o proxecto que tiñamos para esta zona do Val, donde acondicionamos unha parcela duns 2.000 metros cadrados xunto ao Centro Cívico Social e colocáronse mesas e bancos de pedra, plantáronse árbores autóctonas… polo que consideramos que a ubicación é idónea para poder gozar en familia dunha completa área de lecer no rural naronés e máis concretamente, nunha parroquia donde residen moitas nenas e nenos”. A alcaldesa recalcou “o compromiso do goberno local coas zonas verdes da cidade, tanto no núcleo urbano como no rural, donde se traballa durante todo o ano para manter estes espazos nas mellores condicións e tamén na medida do posible se van incrementando con novas actuacións, como é o caso deste parque infantil que cofinanciarán o Concello e a administración provincial”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal