Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO UN NOVO OBRADOIRO DE "CHEF SOLAR E ALIMENTACIÓN SAUDABLE"
A cita, dirixida a todo tipo de públicos, desenvolverase entre as 11.00 e as 14.00 horas, segundo apuntou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 21 de setembro de 2020. O Concello convoca a través do programa municipal “Narón en Transición” un novo obradoiro de “Chef solar e alimentación saudable” que terá lugar este sábado, día 26, na Praza de Galicia. A cita será entra as 11.00 e as 14.00 horas e poderán asistir persoas de todas as idades, que deberán cumprir as medidas sanitarias de prevención da Covid-19, entre as que se inclúe o uso obrigatorio de máscara e o mantemento da distancia social, tal e como asegurou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego. O edil animou á veciñanza a acudir a esta convocatoria, “de carácter interxeracional e na que os asistentes terán a oportunidade de coñecer os principios básicos da enerxía solar, tipos de cociñas solares, cocción e montaxe dun pasteurizador… entre outras propostas impulsadas por persoal especializado nesta temática”. Ao longo da mañá tamén se poderá participar nun obradoiro de Pinta sol e pirógrafo solar e desenvolveranse mostras lúdicas da aplicación solar fotovoltaica e de concentración.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal