Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NAS PARROQUIAS DE SAN MATEO E O VAL DEBIDO A OBRAS DE MANTEMENTO NO DEPÓSITO
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou que o corte será efectivo entre as 20.00 horas deste xoves e as 8.00 do venres 25, segundo as previsións da empresa
Narón, 22 de setembro de 2020. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou un corte no subministro de auga nas parroquias de San Mateo e O Val que a empresa Cosma realizará dende as 20.00 horas deste xoves, día 24, ata as 8.00 horas do venres 25, según as previsións. O edil naronés explicou que esta medida responde á necesidade de levar a cabo traballos de mantemento no depósito de abastecemento. Santalla solicitou de antemán desculpas polas molestias que poida ocasionar o corte no subministro de auga ás veciñas e veciños destas dúas parroquias do rural naronés.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal