Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E O EDIL DE FACENDA AVANZAN NA ELABORACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2021
Marián Ferreiro avanzó que a actual situación sanitaria marcará uns orzamentos nos que se priorizará a atención á cidadanía en xeral e aos colectivos máis vulnerables en particular
Narón, 24 de setembro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Facenda, Román Romero, mantiveron esta mañá unha xuntanza para continuar avanzando na elaboración do documento contable correspondente ao vindeiro ano. Ferreiro incidiu en que “serán uns orzamentos nos que, debido á actual situación da crise sanitaria na que nos atopamos e á incertidume dos vindeiros meses, estarán centrados na atención das necesidades derivadas da aplicación das correspondentes medidas preventivas desta pandemia e de atención aos colectivos máis vulnerables”. A rexedora local asegurou que “están perfiladas as partidas que se reservan para cada unha das áreas de goberno, a falta de pechalos definitivamente, para poder sometelos á maior brevidade a aprobación plenaria e que poidan entrar en vigor coincidindo co novo ano, o vindeiro 1 de xaneiro de 2021”. A alcaldesa destacou “o traballo realizado nos últimos meses dende o equipo de goberno para poder sacar adiante este documento, consensuando unha serie de medidas nas que todos coincidimos e que priorizan en todo momento a atención ás persoas, aínda que isto obrigatoriamente supoña unha merma nas posibilidades inversoras para acometer grandes proxectos na nosa cidade”. Aínda así, recordou “seguiremos adiante con importantes actuacións na nosa cidade, como a rehabilitación do muíño de Xuvia, unha obra comprometida coa cidadanía e que será unha das grandes apostas deste mandato en canto á recuperación de parte da historia e do patrimonio de Narón”. Ferreiro asegurou que “nas vindeiras semanas, unha vez que se perfilen os últimos detalles do documento contable de 2021 poderemos anunciar xa as partidas concretas que marcarán as contas do Concello do vindeiro ano, sendo un dos concellos da comarca nos que tratamos de que cada 1 de xaneiro entre en vigor o correspondente orzamento, facilitando así o labor que se desenvolve dende as administracións locais”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal