Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CLUB DE LECTURA PARA PERSOAS ADULTAS E NAS CLASES DE ESPAÑOL PARA PERSOAS ESTRANXEIRAS
As persoas interesadas en anotarse deberán facelo presencialmente na Biblioteca municipal ou chamando por teléfono ás citadas instalacións, tal e como explicou a edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 25 de setembro de 2020. O Concello abrirá o vindeiro luns, día 28, o prazo para inscribirse en dúas das actividades permanentes programadas dende a área de Ensino e Bibliotecas, presidida pola edil Mercedes Taibo. As persoas interesadas en participar no Club de Lectura para persoas adultas ou nas Clases de español para persoas estranxeiras poderán anotarse dende o luns ás 16.00 horas de xeito presencial na propia Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. Taibo recordou que o Club de lectura para persoas adultas é unha das actividades que ten unha gran acollida entre a veciñanza, tratándose de xuntanzas mensuais para comentar lecturas en común. En total para esta actividade ofértanse 12 prazas, que se outorgan por orde de inscrición. A edil naronesa avanzou que o día de apertura das inscricións as persoas que acaden praza poden levar a primeira das lecturas, que se comentará na primeira das xuntanzas do colectivo, programada para o martes 20 de outubro de 19.00 a 20.30 horas. A segunda das actividades que abrirá o luns o prazo para anotarse son as Clases de español para persoas estranxeiras, unha iniciativa que se leva a cabo dende o ano 2019 e que tamén ten moi boa acollida. Neste caso, segundo explicou a concelleira naronesa, hai dez prazas disponibles e as clases terán lugar os xoves de 19.30 a 21.00 horas. A maiores, tamén se programan dende a Biblioteca as Mesas de conversa en inglés, con participación libre e de balde pero para as que tamén é necesaria inscrición previa, neste caso a partir do mércores 30 de setembro para acudir ás primeiras sesións deste trimestre (ata o 5 de outubro). As clases impártense os luns en dúas sesións, de 17.15 a 18.15 e de 18.15 a 19.15 horas. “Debido á necesidade de aplicar as medidas de seguridade contra a Covid-19 este ano cada unha das sesións impartirase nun aula diferente, para así poder ofrecer as máximas garantías sanitarias ao persoal”, explicou Taibo. Ao non tratarse dun curso, senón de clases, neste caso das Mesas de conversa en inglés é preciso reservar praza cada vez que se queira participar nalgunha das sesións. “A lista de inscribirse para cada luns abrirase o mércores anterior ás 9.30 horas, podendo facelo de xeito presencial ou chamando á Biblioteca”, recordou Taibo. Finalmente, no último trimestre do ano tamén se imparte, dende onte, unha actividade, neste caso unha das novidades deste ano, o Club de Lectura Feminista. Xa se completaron as prazas ofertadas e hai lista de espera para cubrir vacantes no caso de que se rexistre algunha baixa. “Son neste caso dúas xuntanzas ao mes nas que os participantes reflexionan sobre varios temas e cuestións a través da lectura de obras de diferentes autoras e sempre baixo unha perspectiva feminista”, apuntou a edil de Bibliotecas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal