Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ESTARÁ MAÑÁ NA PRAZA DA GÁNDARA
O vehículo localizarase na citada ubicación en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas
Narón, 28 de setembro de 2020. Unha das unidade móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá no barrio da Gándara, concretamente nas inmediacións da Praza da Gándara (rúa Pintor Soutomaior), entre as 9.30 e as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. As persoas que poidan acudir a doar sangue poden reservar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828. Entre as recomendacións de ADOS incídese en que é preciso que almorcen, esperen dúas horas despois de xantar antes de realizar a doazón e, leven a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar. Tamén é preciso que informen ao médico da unidade móbil no caso de que estean tomando algún medicamento. Nas unidades móbiles de ADOS garántese a través de diferentes medidas a seguridade das persoas que acoden a doar a través de exhaustivos protocolos de seguridade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal