Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONTACONTOS "SE OS CONTOS PUIDERAN CONTAR" ABRIRÁ MAÑÁ POLA TARDE
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que a actividade se desenvolverá este sábado, a partir das 11.00 horas, na Biblioteca
Narón, 5 de outubro de 2020. A Biblioteca municipal abrirá mañá martes ás 16.00 horas o prazo para inscribirse no contacontos “Se os contos puideran contar”. Trátase dunha actividade dirixida a menores a partir de 3 anos, tal e como indicou a edil responsable da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo, e para a que é preciso anotarse no mostrador da sala de adultos/as das instalacións ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. A actividade desenvolverase este sábado, día 10, ás 11.00 horas na Biblioteca central. A sesión correrá a cargo de Fátima Fernández, que se encargará de explicarlle ao público que acontecería se os libros de contos decidisen que eles tamén queren inventar as súas historias, que os textos que teñen “tatuados” non lles vales… Taibo avanzou que para poder asistir é imprescindible que as nenas e nenos teñan o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendientes e que estean acompañados dunha persoa adulta. Así mesmo, co fin de cumprir as medidas sanitarias de prevención da Covid-19, as persoas que acudan deberán esperar no exterior das instalacións ata que os chamen para entrar, mantendo en todo momento a distancia de seguridade. Os menores a partir de 6 anos deberán levar posta obrigatoriamente a máscara.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal