Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA URXE Á XUNTA A COLOCACIÓN DOS XOGOS INFANTÍS DA ESCOLA DO VAL
Marián Ferreiro incidiu en que o proxecto das obras presentado no departamento municipal de Urbanismo contempla o traslado e colocación dos xogos infantís
Narón, 5 de outubro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, dirixiu un escrito esta mañá ao responsable da Xefatura territorial de Educación na Coruña, Indalecio Cabana, solicitando a súa intervención para rematar definitivamente a obra que a administración autonómica impulsou na Escola do Val, do CRA de Narón. A Xunta presentou no Concello un proxecto que incluía “o traslado do conxunto de xogos infantís, composto por columpios, xogos de muelle, tobogáns e unha cerca de madeira, incluíndo ese proxecto a colocación de todos estes elementos nunha nova ubicación, que así se orzamentou no proxecto presentado no departamento municipal de Urbanismo”, tal e como recordou Ferreiro. A rexedora local xa advertiu no pleno do pasado mes de setembro que os traballos non están rematados, á vista de que non se colocaron os xogos do parque infantil da Escola do Val, que continúan apilados nunha zona do recinto escolar. “Ao feito de incumprir o especificado no seu propio proxecto isto supón un grave risco para as nenas e nenos que acuden a ese centro unha vez iniciadas as clases, porque poden sufrir danos se se achegan á zona na que está apilado o material, e tamén lles impide desfrutar dunha serie de xogos cos que contaban antes de executar a Xunta os citados traballos”. Ferreiro incidiu na importancia de acometer canto antes os traballos pendientes “debido a que na actualidade as clases xa comezaron e as aulas están operativas, polo que é preciso que o alumnado poida tamén facer uso da zona de xogos, tal e como viña facendo no curso anterior”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal