Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
REAPERTURA DA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO SITUADA EN FREIXEIRO
Atenderá ó público de luns a domingo, en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas
Narón, 19 de Xuño de 2009.- O Concello de Narón abrirá mañá as portas da Oficina Municipal de Turismo, inaugurada o ano pasado coincidindo coa chegada da época estival. A reapertura se realizará dende este sábado ata o vindeiro 16 de setembro, e estará operativa de luns a domingo en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas. O obxectivo deste servizo de información, segundo comentou o Alcalde, Jose Manuel Blanco, é “seguir dando a coñecer Narón ás persoas que veñen de fora e mesmo ás de aquí”, ofrecéndolles indicacións sobre lugares de interese. Algúns deles son o Mosteiro do Couto, o parque temático do rural Aldea Nova, o Muiño de Pedroso, e mesmo a ruta Atlántica. O Concelleiro de Turismo, Jose Luis Suárez, animou a tódolos veciños e turistas a informarse sobre o patrimonio histórico e cultural deste concello, “polo que tamén pasan os peregrinos do Camiño Inglés”, lembrou. O coste de mantemento desta Oficiña de Turismo, na que traballarán duas persoas, é de 8.500 euros que serán aboados de xeito íntegro polo Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal