Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA COA AVV "ALTEA" O CICLO "NOITES DE AUTOCINE" QUE COMEZARÁ ESTE SÁBADO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, e a presidenta da AVV "Altea" de Xuvia, Isabel Allegue, presentaron esta mañá o ciclo no Concello
Narón, 7 de outubro de 2020. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, e a presidenta da Asociación de Veciños “Altea” de Xuvia, Isabel Allegue, presentaron esta mañá o ciclo “Noites de autocine”, unha convocatoria organizada polo Concello en colaboración coa citada entidade veciñal e que se desenvolverá os vindeiros catro sábados do mes de outubro. A proposta, de balde, desenvolverase no recinto localizado fronte á empresa Megasa, en Xuvia, donde poderán entrar un máximo de 130 turismos. Hermida avanzou que as películas do ciclo comezarán este sábado, día 10, coa proxección de “Astérix. El secreto de la poción mágica” e continuarán o día 17, con “Mía y el león blanco”, o 24 con “Tadeo Jones. El secreto del rey Midas” e rematará o día 31 deste mes coa película “O Apóstolo”. A edil de Turismo recordou que o filme elixido para pechar o ciclo “é moi premiado, nominado entre as mellores de animación na 27 edición dos premios Goya en 2013 e gañadora de seis premios Mestre Mateo tamén en 2013. “A idea de facer esta actividade nestes momentos é ofrecer unha alternativa de ocio familiar que permita evitar riscos ante a actual situación sanitaria, mantendo a distancia social”, asegurou Hermida. Así mesmo, incidiu en que entre os obxectivos da proposta está tamén “dinamizar o sector hostaleiro e de servizos da parroquia de Xuvia”. Pola súa banda, a presidenta da AVV “Altea” asegurou que “nos imos vestir de gala para a ocasión e imos desfrutar dunhas xornadas bonitas, en familia, evitando riscos da Covid-19” e agradeceu a colaboración do Concello nesta proposta. As portas para a entrada de vehículos abriranse ás 20.00 horas, para ir colocando no espazo oportuno do aparcadoiro a cada un deles e as proxeccións comezarán ás 20.30 horas. Dende a organización incidiuse en que o desenvolvemento deste ciclo está supeditado ás condicións meteorolóxicas, en caso de mal tempo as sesións adiaríanse para outra xornada, polo que tanto a través das redes sociais e do servizo “Novas Narón” do Concello como das da AVV “Altea” se informará de calquera posible cambio respecto ás previsións iniciais de proxección. Finalmente, a edil naronesa agradeceu a implicación da entidade veciñal ao plantexar esta iniciativa ao Concello e animou tamén á veciñanza a que acuda a este ciclo de cine.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal