Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MARCOS LÓPEZ ALONSO, GAÑADOR DA UNDÉCIMA EDICIÓN DO "CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou tamén que o segundo premio foi para Diego Pita Díaz, de Neda, e o terceiro para Rocío Carro Vázquez, de Bergondo
Narón, 10 de outubro de 2020. O xurado do “XI Concurso de Fotografía Cidade de Narón” valorou as 86 imaxes presentadas a esta edición do certame. Formaron parte do mesmo tres fotógrafos profesionais, Marisa Rivas, Carlos Carballeira e Francisco Delgado, resultando gañador do certame Marcos López Alonso, veciño de Ferrol, coa súa imaxe “Narón é outro conto”, pola que recibirá os 750 euros correspondentes ao primeiro premio. Así o anunciou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que indicou tamén que un veciño de Neda, Diego Pita Díaz, obtivo o segundo premio, valorado en 300 euros, pola fotografía “Narón seguro” e unha veciña de Bergondo, Rocío Carro Vázquez, gañou o terceiro, de 150 euros, coa imaxe “Amor pola lectura”. Os tres gañadores recibirán no Concello o cheque co importe do seu premio nun acto que se convocará proximamente e as súas imaxes formarán parte do calendario de sobremesa que cada ano edita o Concello de Narón, xunto coas outras nove que obtiveron a maior puntuación do xurado. O impacto visual, a calidade técnico artística e a creatividade foron os criterios que valoraron os integrantes do xurado, que se reuniron no Concello o pasado 2 de outubro. Á undécima edición do “Concurso de Fotografía Cidade de Narón” presentáronse un total de trinta e dúas persoas –con pseudónimo-, maioritariamente de Narón –dezaoito- pero tamén doutros concellos da comarca, como Ferrol, Fene, Valdoviño e Neda e doutras zonas da provincia, como Bergondo. A responsable da área de Turismo no Concello de Narón agradeceu a participación de todas as persoas que presentaron imaxes a esta edición do certame. “Quero dar as grazas a todas esas persoas que se sumaron a este concurso que levamos desenvolvendo no Concello nos últimos once anos, presentando imaxes sobre diferentes espazos naturais, elementos patrimoniais, instalacións municipais ou actos organizados no termo municipal naronés, entre outras propostas”. Hermida destacou o feito de que “Narón é unha cidade que ofrece múltiples posibilidades para este tipo de convocatorias” e destacou que “ano tras ano xente como a que participa neste certame axúdanos a poñer en valor a cidade e nós difundimos as súas imaxes a través dun calendario no que saen as doce mellor valoradas por profesionais da fotografía”. A edil naronesa anunciou que as imaxes que ilustrarán o calendario pódense ver na páxina web do Concello: www.naron.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal