Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORARÁ NA PRAZA DE GALICIA CON VARIAS ACTIVIDADES O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA
No caso de quedar prazas dispoñibles nas actividades poderán ocuparse polas persoas que se acheguen ese día á Plaza de Galicia, previo rexistro dos seus datos de contacto
Narón, 16 de outubro de 2020. A Alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou, acompañada da concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, os actos cos que se conmemorará o Día das Bibliotecas o sábado 24 de outubro e que se desenvolverán na Praza de Galicia durante toda a xornada, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas no interior dunha carpa coas medidas de prevención e seguridade seguindo a normativa sanitaria vixente. Ferreiro incidiu en que a Biblioteca municipal mantén o obxectivo de achegar ese servizo público á cidadanía para que sexa coñecido e desfrutado por todas e todos como un instrumento cultural de mellora da formación e a convivencia. O programa de accións a desenvolver dividirase en varios bloques: Difusión de información coa exposición de diversos materiais como fotografías, videos informativos ou códigos QR que leven ás diferentes seccións da páxina web da Biblioteca municipal Dinamización activa a través de Contacontos en dúas sesións, ás 11.30 horas ´Montes no camiño´ para público infantil, a cargo de Teatro Ghazafelhos, e ás 13.00 horas ´Corochas` para bebés, a cargo de Atenea García. Pola tarde retomarase a programación a partir das 17.00 horas cun Obradoiro creativo de ilustración a cargo de Leandro Lamas e a música en directo ás 18.30 horas co Concerto de Charo Pita. Taibo recordou que é necesaria unha inscripción previa nas actividades. As persoas interesadas en reservar a súa praza poden facelo a partir do luns 19 de outubro ás 9.30 horas de maneira presencial na propia biblioteca ou chamando ao teléfono 981 38 21 73 en horario de apertura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal