Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS
Marián Ferreiro e José Díaz rubricaron o acordo no que se contempla unha achega das arcas locais de 15.000 euros para a entidade naronesa
Narón, 21 de outubro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou un convenio de colaboración co presidente da Fundación Terra de Trasancos (O Val), José Díaz, co fin de continuar desenvolvendo actividades no ámbito da acción social. A entidade recibirá das arcas municipais unha partida de 15.000 euros, con cargo á que se realizarán varias propostas dirixidas á cidadanía. En virtude a este acordo levaranse a cabo os obradoiros de memoria e estimulación cognitiva, do grupo de apoio en patoloxía osteoarticular, artritis reumatoide e artrose, o de aerobic terapéutico, de coredance, de informática e internet, de psicomotricidade e de ximnasia terapéutica, tal e como se recolle no documento asinado pola alcaldesa e o presidente da Fundación Terra de Trasancos. A maiores, a citada Fundación colaborará co Concello en eventos conmemorativos que se organicen dende a administración local e cunha temática relacionada coa área de acción social. As actividades programadas desenvolveranse no local da entidade, agás no caso de que non sexa posible, e atendendo en todo momento ás indicacións que se formulen dende as autoridades sanitarias debido á crise da Covid-19. Ferreiro indicou que dende o Concello se asinan cada ano convenios de colaboración para impulsar actividades relacionadas coa promoción social da cidadanía e destacou o labor da Fundación Terra de Trasancos, “unha entidade que conta cos recursos, a infraestrutura e a experiencia necesarias para traballar co colectivo ao que se dirixen as actividades incluídas neste convenio, as veciñas e veciños da zona rural do municipio, que dispoñen deste xeito dunhas instalacións próximas nas que poder participar en propostas enmarcadas no programa municipal de maiores do Concello”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal