Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPLANTA RESTRICIÓNS NOS DOCE CAMPOSANTOS DO TERMO MUNICIPAL CON MOTIVO DAS FESTIVIDADES DE TODOS OS SANTOS E DEFUNTOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, apelou á responsabilidade individual para cumprir todas as medidas encamiñadas a garantir a seguridade das persoas e frear o avance da Covid-19
Narón, 27 de outubro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, mantivo esta mañá unha nova xuntanza con responsables do Speis para determinar as medidas que se aplicarán en varias instalacións e servizos municipais, entre elas os camposantos localizados no termo municipal con motivo das festividades de Todos os Santos e Defuntos, os vindeiros 1 e 2 de novembro para evitar posibles riscos de transmisión da Covid-19. A maiores do cemiterio municipal, estas indicacións estarán en vigor nos de San Xosé Obreiro, O Cadaval, O Couto, Santa Icía, Santa Rita, San Xiao, San Mateo, Castro, O Val, Sedes, Pedroso e Doso. As persoas que se acheguen aos camposantos terán que seguir unha serie de indicacións debido á actual situación sanitaria, co fin de dar cumprimento a todas as medidas decretadas polas autoridades sanitarias. “Dende o Concello apelamos á responsabilidade individual para colaborar no control desta pandemia, cunhas cifras que empeoran día a día a nivel xeral no país e na comarca en particular, debendo contribuír todas e todos para que poidan ir mellorando eses datos”, asegurou a rexedora local. En canto ás medidas, haberá que evitar as aglomeracións nos camposantos, tanto no interior como no exterior dos recintos, polo que se limita o acceso en grupos a un máximo de catro persoas –sexan ou non convivintes- e recomendando entrar unha soa persoa ou dúas en caso de que se acompañe a alguén con problemas de mobilidade. Así mesmo, recoméndase ás persoas maiores de 60 anos que acudan a primeira hora da mañá ou da tarde para evitar aglomeracións. Unha vez dentro do camposanto solicítase que camiñen pola marxe dereita, para que a circulación sexa fluída e manter as distancias de seguridade interpersoal. As indicacións realizadas, recordou Ferreiro, afectan tamén ao tempo máximo de permanencia nos camposantos, que non deberá exceder os trinta minutos, e ao emprego de elementos como basoiras, botellas, caldeiros… “O recomendable ante a situación que vivimos é que cada persoa leve da súa casa o material que precise, evitando deste xeito manipular o que habitualmente era de uso común para así extremar as medidas de seguridade”, indicou. Os aseos dos camposantos permanecerán pechados para evitar posibles focos de contaxio da Covid-19, dando así cumprimento ás recomendacións recollidas na Orde de 21 de outubro de 2020 da Xunta de Galicia.
Descarga de archivos
Bando cemiterios
Tamaño:91,75 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal