Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES CURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS QUE SE IMPARTIRÁN NA AULA CEMIT DE XUVIA
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, animou á veciñanza a inscribirse nesta nova convocatoria formativa que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia
Narón, 29 de outubro de 2020. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición, a partir desta noite –ás 00.00 horas- do prazo de inscrición en tres accións formativas que se impartirán entre os meses de novembro e decembro na Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en anotarse –están abertas á cidadanía en xeral- deben facelo na plataforma Cemit, a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48. Os cursos que se impartirán son: Preparación para o CODIX (120 horas), do 9 de novembro ao 22 de decembro, entre as 9.30 e as 13.30 horas; Trámites en Sede Electrónica (28 horas), do 9 ao 17 de novembro, de 16.00 a 20.00 horas e Ofimática básica (92 horas), do 18 de novembro ao 22 de decembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas. A concelleira de Formación informou que cada unha destas accións formativas se dirixe a un máximo de nove persoas, polo que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Ao anotarse na plataforma Cemit recíbese unha mensaxe de admisión, se ben a partir da número nove (superando a oferta) considéranse como reservas, polo que poderán realizar o curso no caso de que algunha das persoas que se anotou con anterioridade cause baixa e así se lle comunicaría á persoa que pasase a ocupar a praza. O Concello continúa sendo recoñecido como Aula de Referencia pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia) debido á elevada actividade que se desenvolve nestas instalacións ao longo do ano, tal e como recordou a concelleira de Novas Tecnoloxías, que animou á veciñanza a anotarse nesta nova convocatoria formativa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal