Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE SETENTA PERSOAS REMATARON CON ÉXITO AS TRES ACCIÓNS FORMATIVAS SOBRE EMPRENDEMENTO CONVOCADAS DENDE O CONCELLO
Os tres cursos convocados desenvolvéronse entre os meses de setembro e outubro, tal e como recordou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 6 de novembro de 2020. O Concello convocou tres accións formativas, de balde, sobre Emprendemento cooperativo, Cultura financieira e Plan de Empresa, baixo a modalidade de formación en liña, que se desenvolveron entre os meses de setembro e outubro e destinadas á cidadanía en xeral. O edil de Promoción Económica, David Pita, valorou tralo remate das mesmas a acollida que tiveron entre a poboación, rematándoas con éxito un total de 69 persoas. Esta formación estivo subvencionada pola administración autonómica (en colaboración coa Rede Eusumo de Galicia) e o Fondo Social Europeo. “Aprender a emprender. Formación para o Emprendemento cooperativo”, “Cultura financieira e finanzas éticas para o emprendemento”, e “Como elaborar un Plan de Empresa cooperativa”, foron as accións impartidas, cunha duración de 60 horas cada unha delas. “O 80% dos participantes eran mulleres e máis do 65% persoas desempregadas, co que esta convocatoria resultou ser unha moi boa oportunidade para que puidesen ampliar a súa formación sobre as materias específicas de cada curso”, indicou Pita. Trala realización dos cursos, o 60 % dos participantes manifestaron a súa intención de crear un negocio. O asesoramento recibido ao longo do curso, a facilidade de uso da plataforma, moi intuitiva en canto ao manexo, e a adecuación dos horarios formativos foron tres dos asuntos valorados polo alumnado destas convocatorias, que tamén incidiu no interese dos contidos abordados. “A actual situación sanitaria condiciona en gran medida as opcións que se presentan en diferentes ámbitos, entre eles o formativo, polo que dende o Concello apostaremos por manter este tipo de cursos vía telemática, para poder ofertalos coas máximas garantías e chegar a un maior número de persoas”, recalcou o edil de Promoción Económica.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es