Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA MANTIVO UNHA REUNIÓN COAS ÁREAS DO SPEIS E DEPORTES PARA COORDINAR A APLICACIÓN DAS NOVAS MEDIDAS ANTI COVID-19 NO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA
Marián Ferreiro anunciou que se mantén o nado libre e se suspenden temporalmente, as clases de natación á espera de que a Consellería de Sanidade resposte a unhas cuestións formuladas dende o Concello sobre a normativa
Narón, 6 de novembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha reunión de coordinación para a aplicación das novas medidas restrictivas ao protocolo do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara, na que tamén estiveron presentes os edís responsables do Speis e Deportes, Román Romero e José Oreona, respectivamente, persoal do Speis e tamén do polideportivo da Gándara. No transcurso da xuntanza concretáronse as medidas que se levarán a cabo para acollerse á normativa que entra en vigor esta madrugada, ás 00.00 horas. A alcaldesa indicou que se manteñen as sesións de nado libre, ben con cita previa, chamando ao teléfono 981 387 522, ou sen cita condicionadas a que nese momento o aforo o permita, cuestión que indicará o persoal do Complexo Polideportivo da Gándara. En canto aos cursos de natación Ferreiro avanzou que se suspenderán esta fin de semana, tal e como se comunicou ás persoas que acuden, á espera de que persoal da Consellería de Sanidade resposte ás cuestións que se plantexaron dende o Concello sobre esas actividades. “Debido a que tentamos, sen éxito, solventar certas cuestións, preferimos por prevención suspender tanto os cursos de natación, que se retomarán en canto nos informen sobre as preguntas formuladas e así se comunicará oportunamente”, recalcou. A rexedora local recordou que o resto de medidas preventivas para evitar a propagación da Covid-19, como o uso de máscara, mantemento de distancia de seguridade interpersoal, hixienización de mans… continúan vixentes, ao igual que as de aforo, entre outras debidamente recollidas no protocolo e anunciadas nas propias instalacións municipais.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es