Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA PRESENTA UN ORZAMENTO DE ALGO MÁIS DE DOUS MILLÓNS DE EUROS PARA O ANO 2021
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou o firme compromiso do Concello coa área de Cultura
Narón, 13 de novembro de 2020. A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou que o citado organismo propuxo na Xunta do Padroado celebrada esta semana un orzamento de 2.075.629 euros para o vindeiro ano. O documento contable terá que someterse á aprobación do pleno municipal e no mesmo contémplanse as subvencións anuais correspondentes á Asociación Cultural Musical Sementeira e á Asociación Memoria Histórica Democrática, así como as cotas de participación na Rede Española de Teatros e Auditorios, o Festifolk e Redelae. Ferreiro asegurou que se trata “dun orzamento lixeiramente inferior ao do pasado ano pero co que tratamos de manter o traballo que se desenvolve no Padroado da Cultura, atendendo ás Escolas Culturais Municipais, a programación do Pazo e outros espectáculos e actividades que se prevén levar a cabo nos diferentes barrios e parroquias sempre e cando así o permita a situación sanitaria”. A alcaldesa asegurou que “o compromiso do goberno local coa cultura é firme e así o constata o feito de todas as adaptacións que se fixeron á hora de reorganizar as diferentes actividades das Escolas Culturais para continuar impartindo as clases ao alumnado, preto dun milleiro de persoas”. Así mesmo, recalcou que “tamén mantemos na medida do posible a programación que tiñamos no programa do último cuadrimestre do ano, aínda que nalgúns casos estamos aprazando os espectáculos á espera de poder reunir un maior aforo nas instalacións porque actualmente está limitado a 50 persoas”. Ferreiro explicou que “continuaremos traballando na área de cultura, adaptándonos á situación en base aos protocolos nos que se recollen as indicacións sanitarias de prevención da Covid-19 e incidindo en que a cultura forma tamén parte do motor económico da nosa sociedade e, como tal, ten que contar co apoio das administracións para aliviar na medida do posible os efectos devastadores desta crise sanitaria”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal