Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "XXXVI MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL" CHEGA ESTA SEMANA AO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL
As representacións xa se realizaron nas escolas infantís municipais da Solaina e Piñeiros e mañá rematarán na da Gándara
Narón, 17 de novembro de 2020. As escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros acollen dende onte as representacións programadas no marco da “XXXVI Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” organizada polo Padroado da Cultura de Narón e na que colaboran o Agadic e a Deputación da Coruña. A compañía “Teloncillo” representa nestes centros, para nenas e nenos de 0 a 3 anos, o espectáculo “Cocina”. As sesións comezaron onte na Solaina e continuaron hoxe en Piñeiros, se ben rematarán mañá na EIM da Gándara. As representacións teñen lugar entre as 9.30 e as 10.30 horas. Máis de douscentos menores poderán ver o espectáculo de “Teloncillo”, que parte de poemas de recoñecidos autores como Ignacio Sanz, Carmen Galán Susana Gómez ou Antonio Rubio, entre outros, que axudan a crear o ambiente idóneo nunha cociña na que o público vai descubrindo as primeiras texturas, os primeiros sabores e, en definitiva, experimentar cos sentidos. Os froitos, os cubertos, cazolas, vaixelas… permiten encher de cor un escenario en branco e negro empregado para achegar a poesía, a música, o ritmo e as cancións aos máis pequenos da casa. A obra “Cocina”, de teatro para bebés e dirixido a público familiar e infantil (de entre 6 meses e 5 anos) representouse tamén o pasado domingo, día 15, no Pazo da Cultura, ás 18.00 horas, no marco da programación do último cuadrimestre do ano do Padroado da Cultura.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal