Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE "OS BOLECHAS E A PORTA DOS CAMIÑOS"
A actividade desenvolverase o vindeiro 29 de novembro no Pazo da Cultura e o aforo está limtado a 50 persoas, tal e como indicou a edil de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 18 de novembro de 2020. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro día 29, ás 18.00 horas, unha nova proposta do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, “Os Bolechas e a porta dos camiños" de Bolanda. A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta organiza esta convocatoria, que chega á cidade a través da Rede de Dinamización Lingüística. Trátase dun espectáculo dirixido a público familiar, recomendado para menores de 4 a 8 anos e as súas familias, e cun aforo máximo de 50 persoas. A actividade é de balde pero é preciso inscribirse previamente a través do correo electrónico a.pita@naron.es. No momento da inscrición débese indicar o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o nome da nai, pai ou persoa que acompañe ao menor, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. A participación na actividade será por estrita orde de inscrición, tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. O espectáculo céntrase na viaxe que realizan Os Bolechas polo Camiño de Santiago para gañar o Xubileo do Ano Santo 2020. Os pequenos peregrinos vivirán numerosas aventuras e anécdotas ata chegar a Compostela, adentrándose indecisos polos camiños francés, portugués, inglés e pola Vía da Prata, coñecendo os principais puntos de interese de cada un deles. O público terá a oportunidade de participar durante o espectáculo nun xogo didáctico interactivo, con probas e preguntas. A edil naronesa indicou que os asistentes optarán a unha serie de premios (lotes de libros de Os Bolechas), debido a que esta actividade de dinamización lingüística terá continuidade na web www.osbolechas.gal, á que tamén se poderá acceder dende o Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal). As persoas adultas que acudan e os menores a partir de seis anos deberán levar obrigatoriamente máscara e hixienizar as mans con hidroxel, que estará a disposición das familias á entrada do Pazo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal