Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O MONUMENTO Á MULLER, OFRENDA FLORAL NA PRAZA DA GÁNDARA E UNHA MARCHA CICLISTA VIRTUAL NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e integrantes da corporación local participaron nos actos, que inclúen a iluminación en cor malva esta noite da fachada do Pazo da Cultura e a glorieta de Freixeiro
Narón, 25 de novembro de 2020. O Concello celebrou hoxe os actos centrais do programa do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero. Ás doce do mediodía representantes da corporación local, coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte, gardaron un minuto de silencio na Praza da Gándara en recordo das vítimas de violencia de xénero, entre elas as 41 mulleres no que vai deste ano, e portando unha pancarta co lema “Narón contra as violencias”. A continuación a rexedora local realizou en representación do Concello unha ofrenda floral fronte ao Monumento á Muller, tamén na Praza da Gándara. Aos actos tan só acudiu, debido á actual situación sanitaria, unha representación da corporación local, concretamente de Terra Galega, PSOE e BNG. Ferreiro incidiu na importancia de “continuar traballando xuntos, dende as administracións e coa cidadanía en xeral para erradicar esta lacra social” e condenou publicamente “calquera manifestación de violencia”. “Corenta e unha mulleres, dúas delas en Galicia, foron asasinadas este mesmo ano e das que segundo datos do Ministerio de Igualdade tan só seis tiñan rexistrada unha denuncia previa contra a súa parella ou exparella”, recordou. O programa de actos incluíu tamén hoxe a Marcha ciclista virtual na que participaron alumnas e alumnos de quinto e sexto de Primaria de centros de ensino de Narón. En bicicletas estáticas realizaron un percorrido dunha hora que discurría polos colexios e remataba no Monumento á Muller e no traxecto ían respostando a unha serie de preguntas sobre feminismo, do xogo “Quen é quen?”. Así mesmo, esta noite iluminaranse de cor malva, con motivo do 25N a fachada do Pazo da Cultura e a rotonda de Freixeiro, contribuíndo así a dar maior visibilidade a esta data e ao que representa de cara á sociedade. Finalmente, este venres o Café Teatro do Pazo da Cultura presentarase ante a comunidade educativa de Narón o “I Plan de Igualdade Intercentros de Ensino do Concello de Narón” nun acto ao que acudirán directoras e directores de centros de ensino da cidade. O Concello manterá aberta ata o luns na Biblioteca municipal a exposición “A violencia contra as mulleres e as nenas”, na que hai máis de medio centenar de libros dunha mesma temática, a violencia machista. Ademais, pódese ver no Facebook do Concello e da Concellería de Igualdade o vídeo realizado con motivo do 25N e no que participaron integrantes do Consello Sectorial de Igualdade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal