Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DUNHA VINTENA DE PERSOAS RECIBIRÁN OS DIPLOMAS DE TRES ACCIÓNS FORMATIVAS IMPARTIDAS NA AULA CEMIT
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, recordou que os tres cursos supuxeron preto de 450 horas de formación
Narón, 25 de novembro de 2020. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou que esta mesma mañá se informou ao alumnado de tres cursos impartidos na Aula Cemit de Xuvia que poderán pasar a recollelos no Concello. Trátase, tal e como indicou, das accións formativas de “Ofimática avanzada”, “Ofimática, curso preparatorio exame CODIX” e “Contabilidade e RRHH”. “Con estes tres cursos impartíronse na Aula Cemit de Xuvia 445 horas de formación e que remataron con éxito dezaséis persoas”, apuntou. A edil naronesa recordou que as sesións se levaron a cabo entre os meses de agosto e outubro deste ano e felicitou á xente que rematou estas convocatorias. “O alumnado incrementou a súa formación nestas materias que se dirixiron á cidadanía en xeral, polo que se puideron inscribir todas as persoas interesadas, con nove prazas en cada un dos cursos”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal