Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ULTIMA OS TRABALLOS DE MELLORA DO ACCESO AO CENTRO CÍVICO SOCIAL DE SEDES
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona para comprobar o avance dos traballos programados polo Concello
Narón, 28 de novembro de 2020. O Concello ultima estes días os traballos de mellora do acceso ao centro cívico social de Sedes, xa aglomerado e donde nos vindeiros días se procederá a delimitar os espazos habilitados para o estacionamento de vehículos, reservándose espazo para uso de persoas con mobilidade reducida. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á zona para ver o avance da intervención, orzamentada en algo máis de 7.500 euros, tal e como indicou a rexedora local. “Esta actuación enmárcase nun programa impulsado dende o goberno local para acondicionar o acceso aos locais sociais da zona rural e tamén o entorno dos mesmos”, explicou Ferreiro. No caso concreto de Sedes, recordou, “dende o Concello xa se realizou un investimento na adquisición dunha parcela anexa ao local, donde posteriormente se acondicionou un parque infantil e outro biosaudable, mesas, bancos… e tamén se destinou unha importante partida a acondicionar e reparar o local social, ampliando o edificio, mellorando a eficiencia enerxética e a accesibilidade”. Ferreiro subliñou que se trata de “actuacións encamiñadas a reformar as instalacións e incrementar os servizos da veciñanza da zona rural”. Os traballos realizados no interior e exterior do edificio e o acondicionamento do parque supuxeron o pasado ano ás arcas locais un investimento conxunto duns 120.000 euros, segundo recordou a alcaldesa. A maiores das obras que se levaron a cabo en Sedes, o Concello tamén destinou unha partida de algo máis de 16.600 euros a mellorar o acceso do local social de San Xiao, actuación xa rematada e que completa o programa deseñado dende o goberno local para a zona rural e que xa se acometeu tamén nos centros cívicos sociais de San Mateo e O Val. “Continuamos avanzando na mellora dos locais sociais da zona rural, mellorando a súa accesibilidade e tamén o seu entono e completando os servizos que ofrecen ás veciñas e veciños das parroquias ao contar nas súas inmediacións con parques infantís”, apuntou Ferreiro. A alcaldesa explicou que “as melloras nos accesos aos centros cívicos sociais de Sedes e San Xiao enmárcanse nun amplo programa dotado cunha partida de 241.000 euros con cargo á que tamén se reforzou a rodadura de camiños das parroquias do rural naronés”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal