Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RECIBIU O PREMIO DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E A FEMP POLO PROXECTO "INTERVENCIÓN EN CASOS DE ABSENTISMO ESCOLAR"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Ensino, Mercedes Taibo, e Acción Social, Catalina García, amosaron o galardón recibido e o diploma acreditativo do premio
Narón, 1 de decembro de 2020. O Concello recibiu do Ministerio de Educación e a Federación Española de Municipios e Provincias o premio polo proxecto “Intervención en casos de absentismo escolar”, concedido o pasado mes de marzo e que, debido á actual situación sanitaria, se enviou agora ao Consistorio. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Ensino, Mercedes Taibo, e Benestar Social, Catalina García, amosaron o galardón outorgado e o diploma que acredita esa concesión do premio ao Concello de Narón. “Trátase dun programa baseado na intervención socioeducativa con menores e as súas familias dende o ámbito da educación social, encamiñado a previr e controlar os casos de absentismo escolar e no caso de detectar este tipo de condutas tratar de erradicalas”, explicou Ferreiro. O traballo realizado o pasado curso non deixou de facerse, aínda que si tivo que adaptarse con motivo da situación sanitaria, ao igual que acontece na actualidade, “porque se están rexistrando casos de alumnado que non quere ir ao colexio, ou que as súas familias non queren mandar, ante o temor a poder contaxiarse da Covid-19”, indicou. O Concello obtivo o premio ao proxecto “Intervención en casos de absentismo escolar” no marco do “V Concurso de Buenas prácticas municipales en la prevención e intervención frente al absentismo y el acoso escolar”. A distinción enmárcase na categoría de prevención e intervención fronte ao absentismo escolar en municipios de máis de 20.000 habitantes. Dende a FEMP informaron que nas vindeiras semanas se publicará o “V Catálogo de Buenas Prácticas Municipales en la prevención e intervención frente al absentismo y el acoso escolar”, no que se incluirá o programa desenvolvido dende o Concello de Narón, ademais dos outros premiados nesta convocatoria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal